Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.582

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

EDICTO (02/0004177/1999).

A Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fai saber polo presente edicto que, en providencia dictada no día da data, acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Antonio Castro Bugallo, en nome e representación de José Luis Madrazo Viadero, Francisco Eirín González e Benito Boullosa Moure, contra acordo do Consello da Xunta do 17-7-1998, polo que se aproba definitivamente o plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa.

Recurso número: 02/0004177/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, sen teren sido emprazadas persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo

no citado recurso, e poden comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeren con posterioridade, consideraranse como parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 15 de abril de 1999.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado