Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.581

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade 40/1998, convocada por Resolución do 29 de xuño de 1998.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 29 de xuño de 1998 (BOE do 18 de xullo) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra este resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 22 de abril de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 40/98.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química orgánica.

Comisión titular:

Presidente: Franco Fernández González, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: M. Lourdes Santana Penín, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Isidoro Izquierdo Cubero, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

María Asunción Vallés de Cabanyes, profesora titular de universidade. Universidade de Barcelona.

José Javier Fernández Castro, profesor titular de universidade. Universidade da Laguna.

Comisión suplente:

Presidente: Miguel Ángel Gallo Mezo, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocal secretaria: María Teresa Iglesias Randulfe, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Antonio Galindo Brito, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Gabriel Tojo Suárez, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Gloria Rosell Pellise, profesora titular de universidade. Universidade de Barcelona.