Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.582

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

ANUNCIO.

Eu, Isabel Freire Cortizo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Aministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso número 4636 de 1998, interposto por Automáticos Galicia Sur, S.L.,contra resolución da Consellería de Xustiza, do 10-11-1997, recaída no expediente sancionador OR-1/1997, pola que se impuxo a sanción de multa de 400.000 ptas., con data do 23 de decembro de 1998, recaeu auto coa parte dispositiva do teor literal seguinte:

«A sala acorda o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 4636 de 1998, interposto por Automáticos Galicia Sur, S.L.».

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación ó representante legal de Automáticos Galicia Sur, S.L., expido e asino este anuncio na Coruña o 12 de abril de 1999.

A secretaria

Rubricado