Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999 pola que se anuncia o concurso das subministracións e servicios que se citan, para os centros e tipos de licitación que tamén se citan.

Proceso de datos.

-Subministración de 30 ordenadores. Tipo de licitación: 6.500.000 ptas.

Centro de vacacións da Lanzada.

-Servicios educativos campamentos de verán 99. Tipo de licitación: 2.860.000 ptas.

-Servicios de hostalería verán 99. Tipo de licitación: 12.453.416 ptas.

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso, figuran nos expedientes que se atopan no servicio de contratación.

Plicas: durante 26 días naturais para a subministración de ordenadores e de 13 días naturais para os servicios do centro da Lanzada, contados a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% dos prezos de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno: 986 80 41 01.

Pontevedra, 30 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado