Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1999 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante concurso, da subministración e instalación de diversa maquinaria con destino á Escola de Canteiros de Pontevedra.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto e mediante concurso, da referida subministración (cortadoras de pedra, guindastres-ponte de distinta tonelaxe, etc,) por importe de 60.883.958 ptas. (365.919,96 euros).

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: a data límite de presentacióon de plicas é o día 17 de xuño de 1999, ás 13 horas, dado que o anuncio se remitiu ó Diario Oficial das Comunidades Europeas o 27 de abril de 1999.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día 18 de xuño de 1999.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno: 986 80 41 01.

Pontevedra, 29 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado