Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1999 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das obras que se detallan a continuación:

1. Reforma polideportivo cuberto Instituto Ramón Cabanillas (Cambados), por impote de 9.535.888 ptas.

2. Reforma pavillón polideportivo municipal Pombal (Cambados), por importe de 6.682.873 ptas.

3. C.P. PO-1002 A Madalena-Aldán (Cangas) (P.O.L. 1999) por importe de 12.000.000 de ptas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno: 986 80 41 01.

Pontevedra, 29 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado