Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.548

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ACORDO de delegación de funcións.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, na súa sesión do 22 de febreiro de 1999, ó entender que concorren circunstancias que o fan conveniente e sen prexuízo de que o Consello de Administración poida avocar para si mesmo calquera función que a lexislación lle atribúe, acordou atribuírlle ó director da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa a facultade de paraliza-las obras de concesións cando exista causa que así o xustifique.

As resolucións que se adopten no exercicio desta delegación de facultades notificaránselle ó interesado con indicación da dita circunstancia e consideraranse dictadas polo órgano delegante.

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 13.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Manuel Bouzas Moure

Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

de Arousa