Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1999 pola que se anuncian concursos públicos, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de subministracións para o Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e trámite de urxencia das subministracións que se citan:

1. Subministración para a dotación de electrodomésticos para hotel no Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense).

-Orzamento de licitación: 10.732.563 ptas. (dez millóns setecentas trinta e dúas mil cincocentas sesenta e tres pesetas), IVE incluído.

-Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

-Prazo de execución: 20 días.

2. Subministración para a dotación do equipamento/amoblamento das dependencias da planta baixa (cafetería, recepción e outras), do Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense).

-Orzamento de licitación: 8.149.392 ptas. (oito millóns cento corenta e nove mil trescentas noventa e dúas pesetas), IVE incluído.

-Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

-Prazo de execución: 20 días.

3. Subministración para a dotación do equipamento/amoblamento das dependencias da planta alta (habitacións), do Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense).

-Orzamento de licitación: 2.330.440 ptas. (dous millons trescentas trinta mil catrocentas corenta pesetas), IVE incluído.

-Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

-Prazo de execución: 20 días.

4. Subministración para a dotación do equipamento/amoblamento de salón no Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense).

-Orzamento de licitación: 3.932.119 ptas. (tres millóns novecentas trinta e dúas mil cento dezanove pesetas), IVE incluído.

-Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

-Prazo de execución: 20 días.

Exposición dos pregos de cláusulas: o pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día hábil.

Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, indistintamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado, a mesa celebrarase o seguinte día hábil.

Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo