Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto -de tramitación urxente- dun contrato de obras para a realización do selado e clausura de explotacións mineiras antigas abandonadas nas catro provincias da Comunidade Autónoma galega.

Entidad adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 2/99.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución da obra para a realización dos traballos de selado e clausura de explotacións mineiras subterráneas antigas abandonadas situadas nas catro provincias galegas.

Lugar de execución: a Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: o 31 de outubro de 1999, o 31 de outubro de 2000 e o 31 de outubro de 2001.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 294.771.369 pesetas, IVE incluído.

Garantias.

Provisional: con base no disposto no artigo 36.2º da LCAP dispénsanse da garantía provisional as empresas licitadoras que acrediten estar en posesión da clasificación requirida para concorrer á licitación.

Os empresarios estranxeiros, que non dispoñan da clasificación requirida, acreditarán a constitución dunha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento do contrato, constituído na forma descrita no artigo 36.1º da LCAP.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Outras informacións.

Os licitadores poderán consulta-lo proxecto Inventario de explotacións mineiras subterráneas abandonadas na Comunidade Autónoma Galega nas dependencias da Dirección Xeral de Industria e das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Requisitos específicos do contratista.

Clasificación (Grupos, subgrupos e categorías).

Grupo A, subgrupo 4, categoría d.

Grupo A, subgrupo 3, categoría d.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la solvencia económica financeira a través dun informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, de conformidade co Art. 16.1º.a) da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos cinco anos, de acordo co establecido no artigo 17.1º.b) da LCAP.

Aperturas das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio