Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T. Martín-Broza, concello de Bóveda e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 19/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan Mega.

c) Trazado, datos básicos e localización:

-Liña de media tensión aérea Martín-Broza tramo I a 20 kV con orixe na L.M.T. Monforte-Bóveda e remate no C.T. de Porto, cunha lonxitude de 3,931 km, conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.

-Liña de media tensión aérea Martín-Broza, tramo II a 20 kV, con orixe na derivación ó C.T. de Porto e remate no enlace coa L.M.T. ó C.T. Raíña, cunha lonxitude de 3,335 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 26 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 19/98. Provincia: Lugo.

L.M.T. Martín-Broza.Termo municipal: Bóveda.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

7PradograndeLabradíoManuel Castro Cadórniga

Mª Carmen Castro Cadórniga

Ver, 11

27349 Bóveda

2158580

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8PradograndeArboredoJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

2122352

24GranjaPradoManuel Castro Cadórniga

Mª Carmen Castro Cadórniga

Ver, 11

27349 Bóveda

7188880

25DevesaPradoJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

7112120

27DevesaMonte baixoManuel Castro Cadórniga

Mª Carmen Castro Cadórniga

Ver, 11

27349 Bóveda

60600

28DevesaMonte baixoManuel Castro Cadórniga

Mª Carmen Castro Cadórniga

Ver, 11

27349 Bóveda

8264640

29DevesaPiñeiralManuel Castro Cadórniga

Mª Carmen Castro Cadórniga

Ver, 11

27349 Bóveda

6960

30DevesaPiñeiralJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

30480

35AmedoPiñeiralJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

40640

36AmedoPiñeiralJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

43

37AmedoPiñeiralJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

10240640

38AmedoPiñeiralJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

112801.280

39AmedoMonte baixoJosé Vázquez Mariño

Comunal

Avda. San Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

1201.200

40AmedoMonte baixoJuan José Castro VilaVer, 7

27349 Bóveda

12254540

41AmedoMonte baixoManuel Castro Cadórniga

Mª Carmen Castro Cadórniga

Ver, 11

27349 Bóveda

13168340

44AmedoPradoJuan José Castro VilaVer, 7

27349 Bóveda

14148480

48AmedoPradoJuan José Castro VilaVer, 7

27349 Bóveda

15134340