Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/185-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. subterránea Mourente-Fondevila-Hospital-Vivendas C.A.P.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: liñas de M.T., subterráneas, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., cos seguintes tramos: tramo I- de 1.985 m de lonxitude, desde a subestación Mourente ata o C.T. existente de Fondevila e desde a L.M.T. MUR 806 á altura do cruzamento das rúas Casimiro Gómez e Santo Antoniño ata o C.T. existente de hospital. Trasmo II- de 1.615 m de lonxitude desde a subestación Mourente ata o C.T. de Fondevila. Tramo III de 100 m de lonxitude desde o C.T. vivendas C.A.P. ata a L.M.T.

ó C.T. hospital, no cruzamento das rúas Casimiro Gómez e Santo Antoniño. Concello de Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 22 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra