Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de abril de 1999 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Cando o dito recoñecemento é solicitado por un centro, logo de cumprido o procedemento establecido, procede recoñecelo e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como escola de navegación de lecer, nas categorías que correspondan, o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica).

-José Regueira Varela. NIF 33.666.874-A, sito na localidade de Pontevedra, e con denominación comercial CEAR, inscrita co nº XGEN006.

Artigo 2º

Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura