Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDEN do 22 de marzo de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea denominada Rucha, a favor de Mexilloeiras Galbán Caamaño, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Rucha.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 17.

Data da concesión: 18-8-1971.

Data do remate da última prórroga: 28-9-2001.

Anteriores concesionarios: Serafín Galbán Caamaño (35.367.444) e Carmen Teijeiro Ramos (33.076.058).

Novo titular da concesión: Mexilloeiras Galbán Caamaño, S.L. (B-15385040).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 22 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña