Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de marzo de 1999 pola que se autoriza o cambio de situación da batea denominada Mariño V.

Visto o escrito presentado por Rosalía Ordóñez Fernández, con DNI nº 35.397.956-L no que solicita cambio de localización da batea Mariño V.

Tendo en conta os informes emitidos polo sector, e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme o artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procednetes nestes casos, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-lo cambio de localización do seguinte establecemento:

Viveiro denominado: Mariño V.

Titular: Rosalía Ordóñez Fernández.

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 10-4-2002.

Localización anterior: polígono Caramiñal E, cuadrícula nº 145.

Nova localización: polígono Ribeira B, cuadrícula nº 70.

Baixo as seguintes condicións:

1. O traslado da batea á nova localización contará con pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

2. A ancoraxe realizarase no prazo máximo de seis meses contados desde a publicación desta orde.

3. A data do ancoraxe deberá ser comunicada con antelación suficiente á Delegación Comarcal desta consellería en Ribeira, para os efectos de que esta se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

4. A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa recepción, ante o tribunal contencioso-administrativo competente, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura