Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación de diversos artigos dos estatutos da Asociación Empresarial de Centros Socio-Sanitarios Católicos da Comunidade Autónoma de Galicia, entre eles o que fai referencia ó nome da asociación, que en virtude das ditas modificacións pasa a denominarse Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social (Acolle).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se remitiu certificación expedida pola secretaría da devandita asociación, Virginia Salgado Sotelo, avalada co visto e prace da presidenta, María do Carme Santos Alfonso, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea extraordinaria celebrada o día 28 de xaneiro de 1999, e que se concreta na modificación de diversos artigos entre eles o que se fai referencia o nome da asociación, que se denominará Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social (Acolle).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais