Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 21 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as axudas para situacións de emerxencia social de Galicia relacionadas no anexo (María Machado de Jesús e vintetrés máis).

Advertidos erros no dito edicto, publicado no DOG nº 209, do 28 de outubro de 1998, cómpre face-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 11.642, columna da dereita, onde di: «notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de renda de integración social», debe dicir: «notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de axudas para situacións de emerxencia social», e onde di: «contra esta resolución, podera interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril»; debe dicir: «contra esta resolución poderán interpoñer no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste edicto, recurso ordinario perante a comisión técnica central de RISGA con sede en Santiago de Compostela, mediante escrito presentado ante a comisión técnica provincial de Pontevedra, e que deberán

remitir á U.T.A da RISGA, Cánovas del Castillo, s/n, Vigo».