Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación das resolucións dos expedientes sancionadores de sanidade alimentaria 39 e 40/1998.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que se identifican cos datos que a continuación se relacionan que, con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación das resolucións dos expedientes sancionadores 39/1998 e 40/1998, incoados por infracción, respectivamente, ó R.D. 1437/1992, do 27 de novembro, que aproba as normas sanitarias para a comercialización de productos pesqueiros e de acuicultura, e ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. Os expedientados dispoñen do prazo dun mes para examinaren o expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poderen presenta-lo recurso ordinario correspondente, se o consideran oportuno, segundo

preceptúan os artigos 114 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Expediente sancionador nº 39/1998.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34.954.511-P.

Último enderezo coñecido: rúa San Paio, nº 18-3º, Ourense.

2. Expediente sancionador nº 40/1998.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34.954.511-P.

Último enderezo coñecido: rúa San Paio, nº 18-3º, Ourense.

Ourense, 13 de abril de 1999.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense