Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 8 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 182/1998 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícase a Gimnastic Center Club, sito na rúa Alfredo Vicenti, 37, da Coruña, a resolución do expediente sancionador nº 182/1998 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña, e que consta nos locais da consellería, Dirección Xeral de Saúde Pública (Avda. Camiño Francés, nº 10), para que o expedientado poida ter coñecemento dela.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con esta sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1999.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: 182/1992.

Denunciado: Gimnastic Center Club.

Derradeiro enderezo coñecido: Alfredo Vicenti, 37, A Coruña.

Feito denunciado: ausencia de socorrista.

Precepto infrinxido: Decreto 53/1989, do 9 de marzo, coas súas posteriores modificacións.

Precepto sancionador: Decreto 14/1986, do 14 de abril. Decreto 157/1985, do 11 de xullo.

Sanción imposta: 500.001.