Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999 pola que se somete a información pública o plan sectorial Cidade da Cultura de Galicia, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de abril de 1999.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 23 de abril de 1999, declara-lo plan sectorial Cidade da Cultura de Galicia como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da citada lei, a teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal someteranse por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto

RESOLVO:

Someter a información pública o plan sectorial Cidade da Cultura de Galicia declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de abril de 1999, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do prazo dun mes para examina-lo citado plan sectorial na Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e presentar ante esta secretaría xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo