Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Merca, número 4871.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense da a coñecer que a sociedade mercantil Cerámicas del Miño, Carmen Ubeira y Compañía, S.L., con domicilio en Oleiros, s/n, 36457 Salvaterra do Miño (Pontevedra) presentou nesta delegación provincial, o 14 de agosto de 1998, instancia-solicitude do P.I. Merca número 4871 de 300 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, nos concellos da Merca, Cartelle e Celanova (Ourense) e que lle correspondeu o número 4871 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 02' 00''42º 15' 20''

Vértice 27º 52' 00''42º 15' 20''

Vértice 37º 52' 00''42º 12' 00''

Vértice 48º 02' 00''42º 12' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación, no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 15 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense