Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/2-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Laza.

Situación: Laza.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 897 m en conductor tipo LA-56, con orixe en apoio nº 8 da L.M.T. Laza-Vilar de Barrio e remate en apoio proxectado nº 8 desde o que se realiza a acometida ó C.T. pé de poste con 160 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Cimadevila. L.M.T. subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe en apoio proxectado da L.M.T. aérea proxectada ó C.T. de Cimadevila e remate no C.T. pé de poste de Cimadevila. Elevación da L.M.T. aérea Verín-Laza desde o apoio nº 109 ó 111. 2 R.B.T. aéreas de 1.515 e 1.480 m e una subterránea de 55 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 7 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense