Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Seixas-Vilar de Cabalos, concello de Taboada e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 10/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e

aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan Mega.

c) Trazado, datos básicos e localización: 1. Liña de media tensión aérea Vilar de Cabalos de 20 kV, con orixe na L.M.T. o C.T. existente de Seixas e remate no C.T. Vilar de Cabalos, cunha lonxitude de 1,005 km conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie Vilar de Cabalos, situado en Vilar de Cabalos, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea en Seixas, con orixe no C.T. existente de Seixas cunha lonxitude de 0,1 km e paoios de formigón.

4. Liña de baixa tensión aérea en Vilar de Cabalos con orixe no C.T. de Vilar de Cabalos, cunha lonxitude de 1,90 km e apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan

destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 10/99. Provincia: Lugo.

L.M.T. a Vilar de Cabalos.Termo municipal: Taboada.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Devesa do ReyMonte altoJosé Gaza FernándezBarrio Alto, 7

27550 Taboada

34544

3Devesa do ReyPradoJosé Vázquez MartínezVilar de Cabalos, 5

27557 Taboada

20200

7CastedoPradoJosé Vázquez MartínezVilar de Cabalos, 5

27557 Taboada

521301300

8CastedoMonte altoClara Gómez LamelaPousadoiro, 31

27550 Taboada

40640

9CastedoMonte altoHros. Francisco Portomeñe Rodríguez

Julia e María Portomeñe Gómez

Vilar de Cabalos

27557 Taboada

6118288

10CastedoPradoCarmen González GómezVilar de Cabalos

27557 Taboada

6124240

14A CancelaMonte altoHros. Francisco Portomeñe Rodríguez

Julia e María Portomeñe Gómez

Vilar de Cabalos

27557 Taboada

7-841302080

19CanizoPradoManuel Meilán VázquezGarcía Barbón, 100-6 L

36201 Vigo

103550

3ADevesa do ReyMonte baixoJosé Alonso DomínguezAvda. Florida, 79-3

36210 Vigo

34340

15ACanizoMonte altoAdoración VázquezRúa das Brañas

(Ponte Culledo), 9-1 I

A Coruña

10160