Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/1-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Regueira, Tuxe.

Situación: O Bolo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 793 m en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 16 da L.M.T. Bao-O Bolo e remate no C.T. con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Tuxe. L.M.T. aérea a 20 kV de 782 m en conductor LA-56, co orixe no apoio nº 5 da L.M.T. a C.T. de Tuxe e remate no C.T. con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Regueira. R.B.T. aérea do C.T. de Tuxe e do C.T. de Regueira con 1.535 e 1.410 m respectivamente en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 7 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3577