Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/29-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Celeirón.

Situación: Toén e Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 883 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. aérea existente Astarín-Reboreda e remate no C.T. aéreo proxectodo con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Celeirón (Toén). R.B.T. aérea do C.T. Celeirón de 295 m en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3576