Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación de Ourense.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación de Ourense (código convenio 3200545), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios do Comercio de Alimentación e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e USO, todas elas con lexitimidade suficiente para asinalo, na reunión celebrada o día 4-3-1999 e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo,

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 31 de marzo de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo

do comercio de alimentación de Ourense

En Ourense, ás 17 horas do día 4 de marzo de 1999, reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio da alimentación de Ourense, de conformidade co sinalado no artigo 21 do dito convenio, e integrado por un membro das centrais sindicais CC.OO., UGT e USO e tres membros da asociación provincial.

A dita reunión ten por obxectivo o de lle dar cumprimento ó acordado no artigo 10 do convenio colectivo provincial, que fixou para 1999 como única cuestión a da actualización dos salarios de 1998 para 1999, por se tratar dun convenio colectivo cunha duración de dous anos.

Como o IPC de 1998 foi dun 1,4% e o artigo 10 do convenio sinala como incremento para 1999 un 0,5% sobre o IPC de 1998, resulta un incremento para 1999 dun 1,9% sobre as táboas de 1998. Por todo iso, a comisión paritaria do convenio,

ACORDA:

Primeiro.-Fixa-las táboas salariais para 1999, que serán as seguintes:

I. A) Director: 114.830-1.722-344-5.741.

I. B) Xefe de administración, xefe de vendas, xefe de compras: 107.654-1.614-720-5.382.

I. C) Supervisor, coordinador xeral, xefe de centro: 100.476-1.507-656-5.024.

II. A) Xefe de almacén, xefe de supermercado, xefe de sección: 94.734-1.447-527-4.736.

II. B) Analista, responsable da expedición, recepcionista: 93.408-1.400-1.007-4.670.

II. C) Oficial administrativo, programador: 90.428-1.356-128-4.521.

III. A) Mecánico, electricista, oficial 1ª, chofer, operador de informática, capataz, viaxante: 87.560-1.312-918-4.378.

III. B) Dependente, oficial 2ª, chofer, auxiliar de caixa repoñedor, auxiliar de caixa dependente, auxiliar de caixa, auxiliar de gravación, auxiliar administrativo, axudante mecánico, axudante electricista, peón de mantemento, mozo especializado: 83.252-1.248-503-4.163.

III. C) Telefonista, mozo de reparto, mozo repoñedor, oficial 3ª, axudante, persoal de limpeza: 80.382-1.205-259-4.019.

Gratificación por actividade=5.743.

Segundo.-Proceder ó rexistro e depósito deste acordo na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para o seu depósito e a súa publicación no BOP.

E non tendo máis que tratar, levántase a sesión ás 18.30 horas do día anteriormente sinalado.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense