Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Citroën Hispania, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Citroën Hispania, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-3-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polas centrais sindicais SITC, UGT, CIG e CC.OO., en data 22-3-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de abril de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

O presente convenio colectivo para os anos 1999 e 2000, foi asinado en Vigo o día 22 de marzo de 1999, pola representación da empresa e polos sindicatos: Sindicato Independente de Traballadores de Citroën en Pontevedra (SITC), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CC.OO.).

Pola empresa: Eloy Alvarez Pérez, Roberto Caamaño Cabanes, José M. Fernández Barbeitos, Antonio Garrote Cobelo, José J. González Estévez, José Piñón Ríos, Miguel A. Puyme Rey.

Por SITC: Antonio Álvarez Rodríguez, Mª Felisa Arenas Villarroel, Juan Cantos Oliva, Sergio López Pérez, Mª Elena Quintas Piñeiro, José M. Romero Caneda, Mª Teresa Tenoira Rodríguez, Gilberto Verísimo Collazo.

Por UGT: Antonio Fernández García, Jovito Rivas Pérez

Por CIG: Anxo González Ferreira.

Por CC.OO.: Manuel Pais Acevedo.

Convenio colectivo para os anos 1999-2000

Citroën Hispania, S.A. centro de producción

de Vigo

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Citroën Hispania, S.A. e polos sindicatos Sindicato Independente de Traballadores de Citroën en Pontevedra (SITC), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CC.OO). As partes recoñecéronse como interlocutores válidos para efectos do artigo 87.1º da Lei do Estatuto dos traballadores (LET). O ámbito territorial e persoal do convenio é o que se indica máis abaixo.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º LET, o ámbito territorial do convenio é o dos centros de traballo da empresa Citroën Hispania, S.A. existentes na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, excepto naqueles aspectos que colidan coa temporalidade dos contratos.

Canto ós traballadores con contrato a tempo parcial ou de duración inferior á máxima acordada neste convenio, as súas condicións xerais, económicas e sociais serán as previstas neste texto, ben que cuantificadas en relación coa xornada e retribución correspondente.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 1999.

Terá unha vixencia de dous anos, a excepción daqueles aspectos do articulado que conteñan vixencias concretas, e expira o 31 de decembro do ano 2000.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, se non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que se poidan establecer no futuro, sempre que no cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no Art. 85.3º e) LET, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa e catro vocais titulares e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

As reunións desta comisión celebraranse cada tres meses, salvo que algunha das representacións aprecie urxencia. Entre a solicitude de reunión e a súa celebración mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas na acta. En caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que considere procedente no prazo de oito días e notificarallo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación perante a instancia competente.

A propia comisión establecerá as normas para o seu funcionamento.

Título II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, data de antigüidade na empresa, categoría laboral e a súa antigüidade nela, e servicio en que traballa. Así mesmo, cando algún traballador motivadamente o requira, expediráselle un documento expresando a profesión ou oficio e funcións que desempeñou durante a súa permanencia na empresa.

Unha copia deste rexistro será entregada ós representantes legais dos traballadores xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto das bases de cotización á Seguridade Social, aplicarase o disposto na normativa laboral vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

1. Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito e deberá quedar no seu poder unha copia.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns e especialistas: 2 semanas.

As contratacións baixo a modalidade de contrato en prácticas terán un período de proba mínimo de dous meses.

2. Citroën Hispania, S.A. entregará á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito, a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, poida afecta-la intimidade persoal.

A copia básica entregarase nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato ós representantes legais dos traballadores, os cales asinarán para acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente a copia básica enviarase á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no Inem a copia básica remitirase, xunto co contrato, á oficina de emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

Citroën Hispania, S.A. notificará ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo dos que se entregou a copia básica, así como as denuncias correspondentes a eles, no prazo dos dez días seguintes á súa realización.

Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, cando menos trimestralmente, información acerca das previsións da empresa sobre celebración de novos contratos, con indicación do número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como dos supostos de subcontratación.

Os representantes legais dos traballadores observarán sixilo profesional e non poden utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Citroën Hispania, S.A., con ocasión da extinción do contrato, ó comunicar ós traballadores a denuncia ou, se for o caso, o aviso previo da extinción, deberá xuntar unha proposta do documento de liquidación das cantidades debidas.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder á sinatura do recibo de liquidación, facéndose constar nel o feito da súa sinatura en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador no fixo uso desta posibilidade. Se a empresa impedise a presencia do representante no

momento da súa sinatura, o traballador poderao facer constar no propio recibo para os efectos oportunos.

Calquera modificación que puidese experimenta-la normativa legal vixente suporía a conseguinte adaptación do texto do presente apartado en idéntico sentido.

Artigo 10º.-Contratación eventual.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes acordan a aplicación da vixencia máxima dos contratos alí establecidos na medida pactada no convenio sectorial do metal.

Artigo 11º.-Conversión de contratos.

De acordo co establecido na disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, a empresa poderá proceder á conversión de contratos de duración determinada ou temporais en contratos para o fomento da contratación indefinida, regulados na norma citada, xa sexan a tempo completo ou a tempo parcial.

Artigo 12º.-Categorías.

O persoal de Citroën Hispania, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptacións ás súas propias características.

En tal sentido, as categorías de especialistas e profesionais quedan estructuradas como segue:

-Especialistas.

-Especialistas cualificados de 3ª.

-Especialistas cualificados de 2ª.

-Especialistas cualificados de 1ª.

-Profesionais de 3ª.

-Profesionais de 2ª.

-Profesionais de 1ª.

-Profesionais técnicos.

As citadas categorías de persoal horario están amparadas polo sistema de clasificación profesional anexo a este convenio colectivo.

Artigo 13º.-Comisión de seguimento do sistema de clasificación profesional do persoal horario.

Créase unha comisión de seguimento de clasificacións profesionais constituída por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que deberá de ser membro de tal órgano representativo ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa. A comisión é competente para a exposición e resolución das dúbidas de interpretación que se poidan presentar e, en xeral, para o seguimento da aplicación deste sistema.

Artigo 14º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante o complemento de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do tra

ballo e a aplicación dun incentivo directo, cun complemento de cualificación de posto, como son os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá os complementos fixos de cualificación de posto actualmente establecidos e que, de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos, irán sendo substituídos polos sistemas de incentivos.

En calquera caso, e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo cos complementos fixos de cualificación de posto.

Artigo 15º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se despois cesa na súa función, manteráselle con carácter de mínimo o complemento de cualificación establecido para o dito posto ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superado.

Artigo 16º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, mais procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Cando por razóns organizativas sexa necesario trasladar persoal dalgúns talleres a liñas de montaxe, terminación, pintura, fosfatación e embutición (grandes e pequenas prensas), farase por orde de antigüidade na empresa entre o persoal daqueles talleres, comezando polos de menor antigüidade. Se o traballador a quen pola súa antigüidade lle corresponde ser trasladado, estivo xa nalgún destes talleres por un período mínimo de dous anos, ou ten limitacións determinadas polo servicio médico da empresa que lle impidan o traballo nos ditos talleres, o traslado efectuarase na persoa que o siga en antigüidade. Quedan á marxe desta norma os especialistas cualificados e profesionais.

Os traballadores especialistas que ocupen postos de traballo tóxico, de liña de montaxe de vehículos ou de grandes prensas, serán trasladados, a pedimento propio, a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior, de acordo coas seguintes normas:

1. Levar máis de tres anos nun dos ditos postos.

2. A orde de preferencia para o traslado será:

a) Postos tóxicos.

b) Liña de montaxe de vehículos ou grandes prensas.

3. Dentro de cada grupo darase preferencia á maior antigüidade no posto.

Por razóns organizativas, o número máximo de traslados por este último motivo quedará limitado a vinte

cambios mensuais, dos que catro serán de postos tóxicos e dezaseis dos restantes postos.

En tódolos traslados a que fai referencia a presente alínea A) teranse en conta as aptitudes que sexan necesarias para o bo desempeño do posto.

B) Traslados a outros centros de traballo.

Aplicarase a normativa legal vixente, excepto que a empresa non fará uso do dereito de sanciona-las faltas moi graves co traslado forzoso a distinto centro de traballo que supoña cambio de domicilio.

C) Traslados especiais.

O 31 de decembro dos anos 1999 e 2000 ningún especialista pintor de cabinas de revestimentos terá máis de 5 anos de antigüidade no posto. Todos aqueles pintores de cabinas de revestimentos que pola expresada circunstancia fosen trasladados a outros postos, transcorridos polo menos tres anos, poderán ser novamente destinados a aquela actividade por un período non superior a dous anos. O indicado anteriormente non rexerá para aqueles traballadores que voluntariamente acepten a permanencia nos ditos postos.

Durante os anos 1999 e 2000 efectuarase a substitución de polo menos o 20% dos traballadores do taller de aplicación de insonorizante (I.S.S.), non contabilizándose para tal porcentaxe o cadro de traballadores con permanencia voluntaria en tales postos.

Así mesmo, no taller de aplicación de tectyl e durante a vixencia do presente convenio colectivo manterase o criterio de substitución daqueles traballadores que permanecesen efectivamente no posto de traballo máis de dezaoito meses.

Artigo 17º.-Ascensos.

A) Ascenso automático a categoría superior.

Para as categorías que se indican a seguir, os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-De auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-De calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-De auxiliar administrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-De auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.

-De dependente auxiliar a dependente, un ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal no cadro de persoal.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso o 100% das vacantes producidas por baixas de persoal, salvo que a vacante sexa amortizada ou poida ser cuberta por un traballador excedente de igual categoría.

C) Existindo vacantes por aumento do cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 50% por concurso e nun 50% por libre designación da empresa. Se non puidesen ser cubertas as vacantes por este sistema de promoción interna, a empresa recorrerá á contratación.

D) Xunta de control de cualificación.

Para os concursos previstos nas letras B) e C), constituirase unha xunta de control composta por:

1 representante do servicio de formación.

1 membro do comité de empresa da mesma especialidade e categoría, se existir; de non ser así, da especialidade e categoría máis similar.

1 membro do comité de empresa da categoría superior ou similar no caso de non existir aquel.

1 representante do servicio onde se produza a vacante.

As probas dos concursos serán teórico-prácticas e consistirán nun exame das aptitudes profesionais.

En caso de igual puntuación, darase prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

Para cada concurso a empresa confeccionará un programa e un baremo de puntuación, oída a xunta de control de cualificación. O programa permitirá prepararse ós traballadores, ben asistindo ós cursos internos, se os houbese, ben por preparación libre. A convocatoria para realiza-las probas será feita pública, polo menos, cunha anticipación de 30 días.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se van cubrir dentro do grupo profesional respectivo.

Unha vez cualificadas as probas profesionais polo servicio de formación, someteranse á xunta de control de cualificación para a súa verificación. Dentro da xunta de control, o servicio de formación disporá de voto de calidade.

No caso de que ningún candidato fose considerado apto nos concursos convocados, corresponderá á empresa proceder a cubri-la dita vacante.

E) Exceptúanse do réxime de ascensos especificado nas alíneas B) e C) na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peón a especialista.

F) Para os efectos establecidos nas alíneas B) e C), o cadro de persoal que se considere será o existente en profesionais, técnicos ou administrativos no momento de se produciren vacantes por variación do cadro de persoal.

Título III

Réxime de traballo

Artigo 18º.-Xornada laboral.

Establécese para 1999 unha xornada normal máxima de mil setecentas trinta e seis horas e mínima de mil trescentas trinta e sete horas, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso, nin sequera os retribuídos. Nos contratos de traballo que a partir da vixencia se conclúan, especificarase a correspondente xornada comprendida entre os dous citados límites. Respéctanse as situacións consolidadas á entrada en vigor deste convenio. Así mesmo, poderanse formalizar contratos a tempo parcial que se regularán pola súa propia normativa.

Para o ano 2000 establécese unha xornada normal máxima, coas mesmas características, de mil setecentas vinte horas e media e mínima de mil trescentas vintecinco horas.

O persoal de quendas disporá dun día de permiso ou a parte proporcional correspondente se tivese traballado neste réxime por período inferior a un ano, retribuído segundo o artigo 21º, que se desfrutará individualmente na data en que se desexe se as necesidades do servicio o permiten. Non obstante o anterior, a empresa, en función das súas necesidades organizativas ou productivas, terá a facultade de establece-lo desfrute colectivo do dito día con ocasión da confección do calendario laboral de cada ano.

Para efectos de xornada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual. Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, o calendario laboral e horarios en vigor son aplicación da normativa legal vixente.

De acordo co artigo 34.2º ET, con independencia das xornadas especiais habituais en determinados talleres ou servicios, establécese a posibilidade de distribución irregular da xornada anual, fundamentalmente na quenda de noite, dadas as súas peculiaridades organizativas e de producción.

Artigo 19º.-Vacacións.

O período anual de vacacións é de trinta días naturais, que se desfrutarán segundo se establece nos calendarios laborais correspondentes ós anos 1999 e 2000.

Artigo 20º.-Xestión de días de descanso.

Como consecuencia da xornada anual e a súa distribución segundo o calendario laboral do ano 2000, resultan catro días non laborables de exceso de xornada que serán desfrutados segundo o procedemento descrito no anexo II deste convenio.

Artigo 21º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración a que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e complemento de antigüidade, adicionándose para o persoal horario o complemento de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborables.

Casamento: 15 días naturais.

Nacemento de fillo: 3 días laborais, que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

Falecemento:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

-De tíos (irmáns dos pais do traballador ou do seu cónxuxe): 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes catro últimos casos, corresponderá máis un día natural.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá máis un día.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán máis dous días naturais.

Casamento: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 22º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral siderometalúrxica e LET.

A empresa admitirá o excedente nun prazo de quince días a partir da data en que expire a súa excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa en que consten as súas condicións de aptitude ou limitacións para o traballo, sempre que o traballador o solicite.

Se un traballador, tendo transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá pedir que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen na solicitude de reingreso dos excedentes.

Artigo 23º.-Xubilación.

Co fin de propicia-la consolidación da empresa e os seus postos de traballo, así como a eventual posibilidade de creación de novos empregos, establécese a xubilación obrigatoria á idade de 65 anos, tendo en conta que os traballadores da empresa, en xeral, alcanzan a esa idade as condicións para causar dereito á pensión de xubilación co 100% da base reguladora.

En consecuencia, cumpridos os 65 anos, o traballador causará baixa no cadro de persoal da empresa, salvo que non reúna o tempo mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación; neste caso poderá continuar traballando polo tempo indispensable.

Título IV

Réxime de retribucións

A. Tempos e rendementos.

Artigo 24º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, que poden ser: estimados, provisorios e definitivos. Ó se pór en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisorios os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operario.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará así que as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce para as liñas e traballos colectivos.

Artigo 25º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipamentos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de chapa por transporte, recuperación de pezas porosas, etc., os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzaren nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual, aplicarase o que se establece no artigo 10 da ordenanza de traballo siderometalúrxica.

Artigo 26º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de aplicación dos tempos a nivel individual ou colectivo, en función do que aconselle a organización do traballo existente en cada taller.

En caso de novo ingreso ou traslado de posto dun traballador, o complemento de producción aboarase desde o primeiro día ó valor establecido no artigo 32, en tanto se observe un progreso razoable no seu rendemento e, igualmente, durante os tempos máximos de aprendizaxe -20 horas e 40 horas-, segundo se trate dun traslado a un posto de técnica similar ou diferente, respectivamente.

Proporcionarase a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-lo seu rendemento, e nas liñas,

o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións, así como o programa de producción por modelos.

Artigo 27º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb=0,75, equivalente a 45 minutos por hora, para efectos do disposto na normativa legal vixente, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º, alínea e) LET, o que vieñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non existe medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º, alínea e) LET será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte un grupo de traballadores, sobre todo se, como consecuencia disto, se derivase escándalo ou se producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados, e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento que este fose producido no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 28º.-Comisión paritaria de tempos.

Constitúese unha comisión paritaria de tempos integrada por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que deberá de reuni-la calidade de integrante de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa, uns e outros cos seus respectivos suplentes.

As discrepancias que ó respecto xurdan deberán ser sometidas necesariamente ó estudio da comisión. Esta reunirase unha vez ó mes e, excepcionalmente, cando por maioría se aprecie a urxencia dun problema. As horas de tales reunións non serán computables dentro das do crédito sindical.

Ós compoñentes da dita comisión impartiráselles, se se xulga preciso, sesións formativas de introducción no sistema de cronometraxe.

Anexo á alínea A: tempos e rendementos.

1. A velocidade das liñas de montaxe non se variará dentro dun mesmo reparto.

2. Canto á información sobre os repartos (operacións e tempo de realización), que poderá ser escrita ou verbal, e como ampliación ó indicado ó respecto no artigo 26, aplicación dos tempos, facilitarase:

-Número de vehículos que se prevé producir por xornada dentro de cada período.

-Composición por modelos prevista en cada liña.

-Canto ás opcións importantes, sexan estas pola súa cantidade ou polo tempo de realización, dado que afectan un número reducido de traballadores, informarase verbalmente os afectados.

3. Así mesmo, e con independencia de seren oídos os representantes dos traballadores en tódolos casos que consideren que existe unha aplicación incorrecta de tempos e rendementos, estes temas deberán ser tratados pola comisión paritaria de tempos.

4. En xeral, nos aspectos de información sobre cambios de reparto ou cambios de programación substanciais, afondarase no sentido de que exista unha maior comunicación e información nos talleres afectados.

B. Condicións económicas.

Artigo 29º.-Incrementos salariais.

As táboas salariais contidas neste título son consecuencia da aplicación dun incremento salarial do 2,1% sobre os valores existentes no 31-12-1998.

Para o ano 2000, o incremento salarial será o correspondente ó IPC previsto oficialmente para o dito ano máis 0,3 puntos, que se aplicará o 1 de xaneiro sobre as táboas resultantes do ano anterior, unha vez efectuada a revisión salarial, se a houber.

Artigo 30º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio e complementos salariais, que se describen nos artigos do 31 ó 34 e do 36 ó 40 deste mesmo texto.

O salario convenio e o complemento de antigüidade devengaranse en 14 pagas anuais, de 30 días cada unha a razón de 8 horas/día.

O complemento de producción devengarase, así mesmo, en 14 pagas anuais, equivalentes a 2.376 e 2.360,50 horas/ano, resultantes da suma do número de horas de traballo efectivo, 1.736 e 1.720,50 para os anos 1999 e 2000, respectivamente, e as correspondentes a vacacións (240) e pagas extraordinarias (200 por cada unha=400).

Os restantes complementos retributivos devengaranse en función do número de horas de traballo efectivo que corresponda segundo a súa propia regulación, incluíndo no seu valor ptas./hora a media que se viña aboando en pagas extraordinarias e vacacións, segundo os casos.

A cotización á Seguridade Social efectuarase por cómputos de 30 días por mes, de igual forma que no persoal mensual.

Artigo 31º.-Salario convenio.

O salario convenio que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o seguinte:

CategoríaPta./horaPtas./díaPtas./pagaPtas./ano

Aprendices343,682.749,4382.4831.154.762
Peóns468,843.750,70112.5211.575.294
Especialistas480,153.941,20118.2361.655.304
Especialistas

Cualif. de 3ª

492,653.992,70119.7811.676.934
Especialistas

Cualif. de 2ª

505,514.044,10121.3231.698.522
Especialistas

Cualif. de 1ª

511,944.095,53122.8661.720.114
Profesionais 3ª578,364.626,90138.8071.943.298
Profesionais 2ª606,854.854,77145.6432.039.002
Profesionais 1ª634,375.074,97152.2492.131.486
Profesionais técnicos660,105.280,77158.4232.217.922

Nota. En tanto non se integren no novo sistema de clasificación profesional, mantense a categoría de:

Especialistas cualificados504,344.034,76121.0431.694.599

Artigo 32º.-Complemento de producción.

É un concepto salarial que se devengará e aplicará en función do establecido no artigo 30 deste texto.

O seu valor será de:

Ptas./hora: 310,26.

Ptas./paga: 52.657.

Ptas./ano: 737.198.

Na hipotética situación de que un traballador ou grupo de traballadores presente unha inadecuación do seu rendemento con respecto ó habitual, e segundo está establecido no artigo 27 do convenio colectivo, a empresa procedería ó seu cálculo e aboamento de acordo cos sistemas e fórmulas establecidos no texto do convenio colectivo de 1998, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 75, do 21 de abril de 1998, que para estes efectos se considera lexislación supletoria.

Artigo 33º.-Complemento de cualificación do posto de peóns e especialistas.

Aboarase sobre as horas de traballo efectivo realizadas en cada posto, cos valores seguintes que levan incluída a media correspondente a pagas extraordinarias e vacacións.

CalificaciónPtas./hora

1 6,63

2 11,57

3 23,10

4 44,49

5 62,62

6 87,15

7108,44

8132,75

9157,24

Artigo 34º.-Complemento de período de descanso.

O período de descanso (bocadillo) do persoal horario a quendas -15 minutos- retribuirase a razón de 280,95 ptas./hora.

Artigo 35º.-Retribución do persoal mensual e táboa de retribucións mínimas.

1. Os soldos do persoal mensual existentes o 31-12-1998 serán incrementados nas porcentaxes indicadas no artigo 29 deste mesmo texto.

Os complementos retributivos contidos nos artigos do 36 ó 39 devengaranse en función do número de horas de traballo efectivo que corresponda segundo a súa propia regulación, incluíndo no seu valor ptas./hora a media que se viña aboando en pagas extraordinarias e vacacións, segundo os casos.

2. A táboa de retribucións para o persoal mensual, non obstante, increméntase nun 2,5% para 1999. No ano 2000, esta táboa incrementarase na porcentaxe pactada para o dito ano (artigo 29) máis 0,2 puntos.

3. As contías mínimas por categorías para 1999 son as seguintes:

Grupo subalterno

-Cabo de gardas: 2.884.036 ptas./ano.

-Dependente principal: 2.648.032 ptas./ano.

-Cociñeiro principal: 2.648.032 ptas./ano.

-Vixilante: 2.471.032 ptas./ano.

-Cociñeiro: 2.471.032 ptas./ano.

-Almaceneiro: 2.372.694 ptas./ano.

-Chofer: 2.372.694 ptas./ano.

-Dependente: 2.372.694 ptas./ano.

-Cociñeiro auxiliar: 2.254.692 ptas./ano.

-Ordenanza: 2.254.692 ptas./ano.

-Telefonista: 2.254.692 ptas./ano.

-Dependente auxiliar: 2.215.362 ptas./ano.

Grupo administrativo

-Xefe administrativo de 1ª: 3.592.206 ptas./ano.

-Xefe administrativo de 2ª: 3.198.691 ptas./ano.

-Oficial administrativo de 1ª: 2.884.036 ptas./ano.

-Oficial administrativo de 2ª: 2.451.366 ptas./ano.

-Auxiliar administrativo: 2.254.692 ptas./ano.

Grupo técnico

* Técnicos de taller:

-Xefe de taller: 3.592.206 ptas./ano.

-Mestre de taller: 3.316.709 ptas./ano.

-Contramestre: 3.198.708 ptas./ano.

-Encargado: 2.884.036 ptas./ano.

* Técnicos de oficina:

-Delineante proxectista: 3.198.708 ptas./ano.

-Delineante de 1ª: 2.884.036 ptas./ano

-Delineante de 2ª: 2.648.032 ptas./ano.

-Auxiliar delineante: 2.412.028 ptas./ano.

-Reproductor e arquiveiro planos: 2.254.692 ptas./ano.

* Técnicos de organización:

-Xefe de organización de 1ª: 3.592.206 ptas./ano.

-Xefe de organización de 2ª: 3.316.709 ptas./ano.

-Técnico de organización de 1ª: 3.002.039 ptas./ano.

-Técnico de organización de 2ª: 2.726.705 ptas./ano.

-Auxiliar de organización: 2.471.032 ptas./ano.

* Técnicos de laboratorio:

-Xefe de laboratorio de 1ª: 3.592.206 ptas./ano.

-Xefe de laboratorio de 2ª: 3.198.708 ptas./ano.

-Analista de 1ª: 2.884.036 ptas./ano.

-Analista de 2ª: 2.648.032 ptas./ano.

-Auxiliar de laboratorio: 2.412.028 ptas./ano.

* Técnicos titulados:

-Enxeñeiro: 3.385.120 ptas./ano.

-Licenciado: 3.385.120 ptas./ano.

-Axudante enxeñeiro: 3.385.120 ptas./ano.

-Perito-enxeñeiro técnico: 2.843.486 ptas./ano.

-Diplomado: 2.843.486 ptas./ano.

-Graduado social: 2.843.486 ptas./ano.

-Axudante técnico sanitario: 2.843.486 ptas./ano.-Asistente social: 2.843.486 ptas./ano.

Artigo 36º.-Complemento de puntualidade e asistencia.

É un complemento destinado a premia-la asiduidade e puntualidade ó traballo de todo o persoal.

1. Persoal horario.

Fíxase o seu valor en 1.555 ptas. para cada unha das 11 pagas, equivalente a 17.105 ptas./ano para tódalas categorías.

2. Persoal mensual.

Fíxase o seu valor en 1.217 ptas. para cada unha das 11 pagas, equivalente a 13.387 ptas./ano para tódalas categorías.

3. Condicións xerais de aplicación.

-Considérase para estes efectos como tempo de traballo o definido así na LET.

-Computarase e devengarase por meses naturais, con exclusión de pagas extraordinarias e vacacións.

-Cada falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a perda dun 25% do complemento do mes correspondente.

-As ausencias ou faltas de puntualidade por IT (incapacidade temporal) ou permisos regulamentarios non suporán deducción ningunha.

-Para os traballadores a tempo parcial ou con xornada inferior á máxima establecida, o complemento mensual calcúlase rateándoo conforme a xornada de traballo realizada.

Artigo 37º.-Complemento de presencia.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese o complemento de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1. Devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de persoal, sempre que non tivese ausencia ó traballo durante o mes.

Non terán a consideración de ausencias para estes efectos:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

2. O seu valor fíxase en:

2.1. Persoal horario: 4.707 ptas./mes, equivalente a 56.484 ptas./ano.

2.2. Persoal mensual: 3.693 ptas./mes, equivalente a 44.316 ptas./ano.

3. Para os traballadores a tempo parcial ou con xornada inferior á máxima establecida, o complemento mensual calcúlase rateándoo conforme a xornada de traballo realizada.

Artigo 38º.-Complemento por réxime de traballo a quendas.

É un complemento salarial de posto de traballo aplicable ó persoal en réxime de traballo a quendas rotativas de mañá e tarde.

Devéngase sobre as horas efectivas de traballo, fixándose o seu valor en 21,03 ptas./hora que inclúe a parte proporcional de pagas extraordinarias e vacacións.

Artigo 39º.-Complemento por condicións especiais de traballo (T.P.P.)

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica canto á determinación

dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por prestación da actividade laboral en condicións especiais de traballo (T.P.P.).

Aplicarase á hora de presencia no posto con dereito á súa percepción, cun valor de 20,73 ptas./hora, que inclúe a parte proporcional de pagas extraordinarais e vacacións.

Artigo 40º.-Complemento de antigüidade.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade.

O valor do trienio será:

Ptas./hora: 7,67.

Ptas./día: 61,33.

Ptas./paga: 1.840.

Ptas./ano: 25.758.

O tope máximo que se considerará por este concepto será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño, e a partir do 1 de xullo do ano respectivo nos casos en que o vencemento teña lugar no segundo semestre.

Artigo 41º.-Horas extraordinarias.

Cando as circunstancias técnicas e productivas o esixan, a empresa poderá establece-la realización de horas extraordinarias ata os límites legais (80 horas por traballador e ano).

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias será voluntaria e terá carácter xeral.

A empresa deberá comunicar ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha anticipación suficiente e, cando menos, deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo nos casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, pois neste caso a prestación considerarase obrigatoria.

O valor da hora extraordinaria será de 0,78464 ptas. por cada 1.000 ptas. do salario anual nos conceptos de salario convenio, complemento de antigüidade e complemento de producción, se for o caso, que correspondan individualmente.

Artigo. 42º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias de xullo e nadal serán aboadas polos conceptos de soldo ou salario convenio, complemento de antigüidade e complemento de producción, nos casos en que proceda, segundo se establece nos artigos 30 e 35 deste mesmo texto.

A empresa aboará as ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de IT (incapacidade temporal) no semestre anterior, en canto subsista a obriga de cotizar á Seguridade Social.

Artigo 43º.-Revisión salarial.

Para 1999.

Se no 31 de decembro de 1999 o IPC do dito ano supera o 2,1%, unha vez constatada de maneira fidedigna tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, procederase a unha revisión salarial consistente na elevación dos niveis salariais individuais existentes no 31-12-1998, con efectos a partir do mes en que o IPC superase a dita porcentaxe, e a súa contía será o exceso entre o IPC real do conxunto de 1999 e a citada porcentaxe pactada. Os correspondentes novos niveis servirán de base para a aplicación dos niveis salariais do ano 2000.

Para o 2000.

Aplicarase igual procedemento se o IPC real excede o incremento salarial pactado para o dito ano -IPC previsto máis 0,3 puntos-.

Artigo 44º.-Pagamento de nóminas e recibo de salarios.

A liquidación das nóminas de todo o persoal levarase a efecto a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de atraso cunha entrega diferida, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade neta teórica, calculada cos valores e horarios do convenio colectivo vixente.

Como consecuencia do acordado no convenio colectivo para 1993 relativo ó cambio de pagamento quincenal a mensual no persoal horario, para aqueles traballadores que ingresasen con anterioridade ó mes de maio de 1993 a entrega diferida por tempo indefinido terá un valor equivalente a mes e medio.

Así mesmo, establécese como recibo individual de salarios o modelo vixente na actualidade.

Título V

Previsión e política social

Artigo 45º.-Formación.

No marco das políticas e estratexias establecidas pola empresa, o mantemento e desenvolvemento das competencias e da profesionalidade do conxunto do persoal é considerado como un elemento fundamental para afrontar con éxito o reto que supón a necesaria mellora da nosa competitividade.

A adaptación permanente ás evolucións, tanto tecnolóxicas como organizativas, así como a implicación e participación activa dos compoñentes da empresa, son factores clave para a consecución dos obxectivos fixados nos plans de progreso establecidos.

Os plans de formación correspondentes ós anos 1999 e 2000 responden ás necesidades de formación derivadas do obxectivo xeral descrito anteriormente e prevén unha programación da orde de 165.000 horas/ano (non se inclúe neste cómputo a formación de persoal de novo ingreso, así como a relacionada co sistema de clasificación profesional do persoal horario) e que abarca as diferentes áreas de formación:

Automatismos e novas tecnoloxías.

Organización e métodos.

Calidade.

Informática e microinformática.

Management.

Tecnoloxía do automóbil.

Formación específica de procesos productivos.

Prevención de riscos laborais.

Estes plans supoñen un custo superior ós 450 millóns de pesetas anuais.

A selección para a asistencia ós diferentes cursos obedecerá a criterios obxectivos en función das finalidades sinaladas anteriormente.

Polo menos trimestralmente, a empresa facilitará información á comisión de seguimento sobre tódolos aspectos do plan de formación anual e a súa avaliación de resultados. A dita comisión de seguimento do plan de formación estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

A comisión establecerá o seu propio calendario de reunións.

Todas aquelas accións do plan de formación anual susceptibles de seren subvencionadas e que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación vixente en cada momento, serán obxecto dun proxecto formativo do que o comité de empresa será informado oportunamente.

Artigo 46º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá para 1999 bolsas de estudio por un importe de 14.515.000 pesetas. Para o ano 2000 o dito importe incrementarase na mesma porcentaxe á que fai referencia o parágrafo segundo do artigo 29.

50 de 30.000 ptas. para carreiras superiores.

40 de 20.000 ptas. para carreiras medias.

400 de 12.000 ptas. para estudios de formación profesional de 1º e 2º grao.

1.475 de 5.000 ptas. para estudios de EXB/ESO, BUP e COU.

8 de 5.000 ptas. para outros estudios.

Atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes para estudios propios do persoal e, no caso de quedaren bolsas de estudio sen conceder, éstas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo xustificante de matrícula e as cualificacións do curso.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión das bolsas de estudio que estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro

suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Establécese con carácter xeral un período previo de alta no cadro de persoal da empresa de 12 meses, dentro dos 18 meses anteriores a cada convocatoria anual. Así mesmo, tódolos traballadores solicitantes deberán permanecer de alta no cadro de persoal no momento de concesión destas bolsas de estudio.

Artigo 47º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia habitual.

Artigo 48º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual de cada traballador, entendiendo por tal, se é o caso, o salario convenio, complemento de producción e complemento de antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial do 1 de xaneiro de cada ano.

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

-Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente total: aboamento do capital asegurado, adquiríndose o dereito no momento de causar baixa na cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación.

A cobertura deste seguro alcanza a totalidade do cadro de persoal da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de IT (incapacidade temporal), ata o máximo previsto no artigo 131 bis.2 da Lei xeral da Seguridade Social, segundo redacción dada por Lei 42/1994, do 30 de decembro. Para iso, é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa a súas circunstancias. Nestes casos, os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de finaliza-la obrigatoriedade de cotización da empresa á Seguridade Social.

Artigo 49º.-Mutualidade de previsión social.

A achega da empresa á mutualidade de previsión social, durante a vixencia do presente convenio, fíxase no 49% das cotas para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos e regulamento de prestacións aprobados na data do 10 de setembro de 1996.

Artigo 50º.-Vivendas.

Citroën Hispania, S.A., para cada un dos anos 1999 e 2000, destinará a cantidade de cinco millóns de pesetas recuperados do fondo creado en 1981, máis outros cinco millóns de pesetas en concepto de achega excepcional, como dotación para préstamos destinados á construcción, adquisición ou reparación de vivenda propia que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 750.000 ptas.

-Prazo de devolución: 10 anos.

-Xuro: 3,5%.

A concesión dos préstamos farase en función da antigüidade na empresa, da situación familiar e dos recursos económicos dos solicitantes.

Os contratos de traballo dos solicitantes deben ter, polo menos, unha vixencia igual ó prazo de devolución indicado, e non finalizar antes del.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos que estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 51º.-Prevención de riscos laborais.

Citroën Hispania, S.A., consciente da súa responsabilidade no ámbito industrial e persoal en relación co seu cadro de persoal, formula, como prioridades, a compatibilidade do seu obxecto social coa calidade de vida de tódolos traballadores, a mellora das condicións de traballo, a formación en materia preventiva dos riscos laborais e o respecto polo ambiente. Para iso, Citroën Hispania, S.A. proverá os medios precisos ó seu alcance en colaboración cos traballadores.

Mantense, como principio de xestión da seguranza na fábrica, a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e decisións. Con este fin, cada sector e servicio, coa colaboración do servicio de prevención, elaborará o seu propio plan anual de prevención, os cales serán a base do programa anual de actividades de prevención da factoría de Vigo.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, e o seu desenvolvemento regulamentario, constitúese como a norma básica de actuación para tódalas partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais, con independencia doutras normas ou compromisos que se poidan alcanzar coa representación dos traballadores.

Para a vixencia deste convenio colectivo establécese especificamente o seguinte:

-Con obxecto de analiza-la situación e evolución do centro en materia de prevención de riscos laborais, o director da factoría reunirase co comité de seguridade e saúde cuadrimestralmente, salvo causa de forza maior.

-O comité de seguridade e saúde disporá dun crédito aberto de 28.000.000 de pesetas para atende-las demandas que requiran investimento, unha vez valoradas e aceptadas. No prazo de 15 días serán asignados os recursos precisos. Para pequenas melloras de ata 250.000 pesetas, existe un procedemento que permite a súa rápida execución.

-Continuaranse potenciando as accións xerais de información e sensibilización do persoal en materia de prevención de riscos laborais, mediante apoios gráficos (sinais, carteis, etc.), escritos (manuais, normas, catálogos, revista de comunicación interna, etc.) e audiovisuais.

-Facúltanse os delegados de prevención para emitiren boletíns de avarías de seguranza que serán cursados co visto e prace do servicio de prevención.

-O comité de seguridade e saúde manterá reunións mensuais coa xerarquía dos talleres onde se considere necesario. Nas ditas reunións analizaranse as situacións observadas polos delegados de prevención nas visitas levadas a cabo ós talleres, especialmente en materia de riscos potenciais, uso de pezas de protección persoal, prácticas inseguras, etc.

-Continuaranse mellorando os mecanismos necesarios para previ-los posibles riscos laborais derivados da posta en servicio de novas instalacións. O persoal técnico que interveña no deseño e implantación de novas instalacións recibirá unha formación específica sobre seguranza de máquinas.

-Periodicamente, o servicio de prevención analizará con cada servicio e sector o grao de cumprimento do plan anual de prevención.

-Continuarase co desenvolvemento da ergonomía na empresa e, co fin da adecuación dos postos de traballo ás características persoais de cada traballador, desenvolveranse os mecanismos de estudio, análise e mellora das condicións de traballo dos postos existentes na factoría. O persoal técnico recibirá formación específica na análise e deseño ergonómico de postos de traballo. Os servicios médico e de prevención participarán na mellora e adaptación individualizada do persoal limitado.

-Realizarase unha campaña de prevención de accidentes in itinere e na casa.

-Os membros do comité de seguridade e saúde observarán o sixilo profesional a que fai referencia o artigo 65 LET sobre todas aquellas cuestións ou datos dos que teñan coñecemento en función da súa designación ou nomeamento, en especial absténdose de trasladalos fóra do ámbito empresarial, excepción feita daqueles órganos da Administración competentes por razón da materia para a súa inspección e control.

-O plan de formación da empresa incluirá a formación teórica e práctica suficiente en materia preventiva, tanto en aspectos xerais como específicos do posto de traballo ou función desenvolvida. Prestarase especial atención ó persoal de nova incorporación. Impartirase anualmente unha sesión voluntaria de sensibilización á prevención, específica de cada sector ou servicio, ó 25% do persoal nas condicións habituais. O plan de formación incluirá a correspondente ós delegados de prevención.

-Potenciaranse as accións necesarias para asegura-la coordinación das actividades empresariais e a información de riscos nos traballos realizados por provedores exteriores, todo iso dentro do marco da normativa de prevención para provedores exteriores de Citroën Hispania, S.A.

-Finalizarase o plan de avaliación de riscos dos diferentes postos representativos da fábrica, co fin de comproba-la adecuación das medidas de prevención e protección tanto colectivas como individuais existentes.

-Continuarase a aplicación do plan de emerxencia, que conterá as medidas necesarias de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación do persoal en caso de emerxencia. Finalizarase a formación en materia de primeiros auxilios, extinción de incendios e evacuación ó persoal pertencente ós equipos de primeira intervención. Faranse simulacros de evacuación en varias naves da factoría.

-Realizaranse as accións e investimentos previstos no plan (1998-2002) de posta en conformidade das máquinas/instalacións existentes no centro de producción.

-O comité de seguridade e saúde elaborará as súas propias normas de funcionamento.

Título VI

Acción sindical

Artigo 52º.-Utilización do crédito de horas polos membros do comité de empresa e delegados sindicais fóra da súa xornada de traballo.

A petición será feita á xerarquía directa, quen cubrirá un documento de desprazamento para o membro do comité ou delegado sindical e porao a disposición do interesado na portería.

Se por circunstancias excepcionais de difícil previsión tivese necesidade de entrar na factoría fóra da súa xornada de traballo e, consecuentemente, non puidese prevelo con anterioridade, poderá solicitar na portería o desprazamento correspondente, que será cuberto polo persoal de vixilancia, tendo que entregar copia del á saída, unha vez finalizada a súa xestión.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputan sobre o crédito das 40 horas.

Artigo 53º.-Procedemento de resolución de conflictos.

A representación dos traballadores e a empresa obríganse a someter á comisión constituída para o efecto todas aquelas diverxencias que poidan suscitar conflicto colectivo. As ditas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión ó longo das reunións que ámbalas partes coiden precisas co fin de ter un exhaustivo coñecemento do tema. En caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A dita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia no comité de empresa, que terá que reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposición transitoria

Acórdase que, se por necesidades de programación, e unha vez alcanzado o nivel técnico máximo de saturación de instalacións, fose preciso facer unha maior producción, esta levarase a cabo en xornada de sábado e con carácter voluntario, desenvolvéndose segundo o seguinte proceso:

Os oito primeiros sábados de cada ano -catro por quenda- xerarán descanso compensatorio aumentado nun 25%, que se desfrutará conforme os condicionantes de cada taller ou servicio; a organización dos correspondentes descansos implica a limitación citada e, se non fose posible levalos a efecto, tales sábados terán a consideración de xornada complementaria.

Se persistisen as necesidades productivas aludidas, acudiríase na medida necesaria á realización das horas extraordinarias reguladas no artigo 41.

Se a pesar de se tomaren as medidas previstas nos dous parágrafos anteriores os mercados demandasen un maior volume productivo, acórdase a práctica de xornadas complementarias dentro do límite legal do artigo 34.1º LET, fixándose o seu aboamento no 95% do valor establecido para as horas extraordinarias, engadíndose un día de permiso individual por cada cinco xornadas deste tipo realizadas ou a súa parte proporcional. Para isto, a empresa exporía motivadamente a necesidade da súa realización ante o comité de empresa cunha anticipación mínima de 15 días; o órgano representativo, unha vez oído, emitirá informe preceptivo no prazo improrrogable de 7 días co fin de a empresa poder proceder á comunicación a tódolos traballadores.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, do 29 de xuño de 1970, se aplicará a título de dereito dispositivo en tanto que as ditas materias no estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, este quedaría sen efecto e debería ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se han reuni-las partes contratantes.

ANEXO I

SISTEMA DE CLASIFICACIÓN PROFESIONAL DO PERSOAL HORARIO

(ACORDADO NO CONVENIO COLECTIVO PARA 1996)

Categorías do persoal horario.

É obxectivo común de tódolos integrantes da empresa, plasmado no proxecto empresa 2000, alcanza-lo nivel de competencia, profesionalismo e motivación que os proxectos da empresa esixen.

As permanentes evolucións tecnolóxicas, que afectan tanto o producto como as instalacións, así como a modernización da organización do traballo, fan necesaria a evolución constante das competencias de tódalas persoas da empresa.

O desenvolvemento da competencia e progresión profesional estará baseado en catro esteos:

a) O desenvolvemento profesional de cada persoa.

b) O desempeño eficaz de diferentes tarefas.

c) A xestión de carreiras.

d) Un plan de formación personalizado.

O desenvolvemento profesional estará aberto a tódolos traballadores de Citroën, para o que se porán en servicio os seguintes medios:

1. Sistema de clasificación profesional.

Establécese un sistema de clasificación profesional que permita un desenvolvemento de carreira fluído e continuo e que facilite ós traballadores fixos do cadro de persoal a mellora das súas competencias cara a unhas posibilidades de evolución máis amplas.

Consistirá en:

a) Amplia-lo número de categorías profesionais do persoal horario pasando a:

Especialistas: das 2 actuais a 4.

Profesionais: das 3 actuais a 4.

b) Implantar un novo método de valoración de postos máis sinxelo e adaptado ás novas necesidades e profesionalidade derivada da evolución tecnolóxica, que permita:

-Valorar no seu xusto termo os requirimentos profesionais dos postos, independentemente das súas condicións físico-ambientais, e facilitando a ampliación de categorías profesionais, se for o caso.

-Optimiza-la xestión mediante unha mellor adaptación do persoal ós postos de traballo.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario.

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade para exercer postos dun nivel de complexidade superior.

Farase unha identificación das competencias e potencial de tódolos traballadores, co fin de orientar e planifica-las accións complementarias para o seu desenvolvemento profesional (formación, adaptación home-posto, etc.).

Por outro lado, desenvolverase o concepto de polivalencia funcional, que se define como a aptitude para dominar completamente unha etapa lóxica na fabricación dun automóbil ou dun proceso productivo.

Enténdese por etapa lóxica na fabricación dun automóbil o conxunto ordenado e relacionado de tarefas dunha ou varias especialidades, propias da técnica de fabricación do automóbil (loxística, control, mantemento, fabricación, etc.).

Enténdese por proceso productivo un conxunto de operacións de producción que teñen por obxecto obter ou transformar un elemento funcional dun vehículo (carrocería, panel de lado, portas, asentos, etc.).

A polivalencia funcional deberá permitir avanzar en:

-A evolución cualitativa das tarefas.

-O traballo en equipo.

-A apreciación do potencial e a mellora da xestión na previsión de empregos e cualificacións.

1. Sistema de clasificación profesional.

1.1. Valoración de postos.

Como consecuencia da aplicación do método de valoración, os postos quedarán clasificados en 9 niveis de complexidade, identificándose desde o primeiro nivel C1 ata o máis alto C9.

Clasificacióndos postos

ProfesionaisNivel de complexidade 9 (C9)

Nivel de complexidade 8 (C8)

Nivel de complexidade 7 (C7)

Nivel de complexidade 6 (C6)

Non profesionaisNivel de complexidade 5 (C5)

Nivel de complexidade 4 (C4)

Nivel de complexidade 3 (C3)

Nivel de complexidade 2 (C2)

Nivel de complexidade 1 (C1)

1.2. Correlación entre a clasificación de postos, as novas categorías e as categorías actuais:

Nivel de

complexi-

dade

Novas categorías

profesionais

Categorías profesio-

nais actuais

C9Profesional técnico -
C8Profesional de 1ªOficial 1ª
C7Profesional de 2ªOficial 2ª
C6Profesional de 3ªOficial 3ª

C5Especialista cualificado de 1ª-
C4Especialista cualificado de 2ªEspecialista cualificado
C3Especialista cualificado de 3ª-
C2Especialista Especialista

C1Peón Peón

1.3. Criterios de aplicación do novo sistema de clasificación.

No momento da aplicación do novo sistema de clasificación procederase de acordo cos seguintes criterios:

Familia de especialistas.

Ós especialistas con contrato indefinido asignaráselle-la categoría profesional que corresponda ó posto ocupado no momento da aplicación deste sistema.

Non obstante, nos casos en que a súa categoría profesional actual fose superior á que resultase da aplicación do novo sistema, respectaráselle-la súa

categoría actual, garantíndolle, en todo caso, a retribución que viñese percibindo.

En caso de ocupar no futuro postos de complexidade superior, a diferencia económica resultante será absorbible ata onde alcance.

Tendo en conta que o novo sistema prevé, entre outras posibilidades, a promoción a categoría superior a través da polivalencia funcional, a todos aqueles traballadores polivalentes a condición de remuneración dos cales supuxese o incremento na súa cualificación de posto, á aplicación deste novo sistema serán integrados e, se for o caso, complementarase o seu salario ata o nivel que corresponda á súa nova categoría e o posto terá a cualificación que corresponda segundo o sistema de valoración actualmente vixente.

Familia de profesionais.

Partindo das categorías actuais, aplicaranse os novos principios de promoción na medida en que os traballadores vaian evolucionando na súa profesionalidade.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario.

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade do traballador para exercer unha función dun nivel de complexidade superior ó que pode acceder, en función da dispoñibilidade de postos, como consecuencia de:

-A evolución do propio posto ocupado.

-A mobilidade funcional.

Así mesmo, no caso de non existiren postos de complexidade superior, poderá acceder en función da capacidade que demostre o traballador para exercer varios postos de traballo como consecuencia do desenvolvemento da polivalencia funcional.

Esta progresión profesional está favorecida por unha reorientación e unha formación profesional facilitadas durante todo o desenvolvemento da carreira.

2.1. Principios de progresión ata a categoría de especialista cualificado de 1ª.

A progresión profesional ata a categoría de especialista cualificado de 1ª baséase na capacidade do traballador para exerce-lo posto ou a función dun nivel de complexidade superior ó desempeñado.

Esta progresión desenvólvese do xeito seguinte:

-Unha vez implantado e aplicado o sistema de clasificación profesional durante 1996 e situado o persoal horario nas categorías correspondentes ó novo sistema, nun prazo máximo de 5 anos nun nivel correspondente ó do posto exercido e, se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo son xulgadas satisfactorias, proporáselle a cada traballador un posto de nivel de complexidade superior ou unha función polivalente.

-Unha formación práctica e técnica adaptada ó novo posto facilitará a integración nas novas funcións.

-A promoción ó nivel superior farase, despois dun período de proba de 3 meses, téndose demostrada a obtención de resultados óptimos tanto en calidade como en cantidade de traballo.

-Se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias e non permiten unha proposta de evolución, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito. Nesta entrevista abordaranse igualmente as posibilidades de reorientación e formación apropiadas.

2.2. Principios de progresión de especialista cualificado de 1ª á categoría profesional de 3ª.

A progresión profesional ata a categoría de profesional de 3ª está baseada no recoñecemento do profesionalismo que permite continuar-la evolución de carreira dos traballadores que demostren as mellores aptitudes.

Esta progresión desenvólvese do xeito seguinte:

-O acceso a esta categoría producirase mediante a superación dunha proba profesional que terá lugar en función dos postos dispoñibles, unha vez desempeñado satisfactoriamente durante polo menos 5 anos un posto de nivel de complexidade C5.

Para os traballadores con nivel de formación FP2, o mencionado prazo poderá reducirse a dous anos (só ata a categoría profesional de 3ª).

-No caso de non supera-la proba impartiráselle ó interesado un complemento de formación que integre, segundo as necesidades, formación xeral, técnica e tecnolóxica co obxecto de poder presentarse de novo á proba.

-Para os traballadores que alcancen a categoría de profesional de 3ª existirá un procedemento de orientación profesional, baseado en test e entrevistas, que permiten coñece-las características persoais e profesionais de cada candidato, co fin de orientalo cara á vía de evolución máis apropiada.

Este procedemento de orientación profesional poderá, así mesmo, recomendar formacións susceptibles de mellora-los puntos débiles.

-Se a calidade, cantidade, custos, prazos, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias e, en consecuencia, non permiten realiza-la proba profesional, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito.

2.3. Principios de progresión ata a categoría profesional de técnico.

Para o acceso ás categorías de profesional de 2ª, 1ª e profesional técnico seguirase o mesmo proce

demento que se describiu para a categoría profesional de 3ª.

ANEXO II

XESTIÓN DE DESCANSOS

De acordo co establecido no artigo 20 do presente texto, establécense as normas de xestión dos catro días non laborables consecuencia da xornada pactada e do calendario laboral para o ano 2000, así como do día de permiso individual de desfrute colectivo a que fai referencia o artigo 18 para o persoal a quendas e un día dos de diferencia de horario para o persoal a quenda central:

1. Os cinco días non laborables referidos serán desfrutados en réxime de continuidade e en semanas completas.

2. O período de desfrute comprenderá desde a semana 15 á 30, exceptuando a semana 16, e da semana 34 á 48.

3. Asignación da semana de descanso ó persoal fixo do cadro.

3.1. Persoal horario directamente relacionado coa producción.

En virtude do sorteo levado a efecto sinalaráselle a cada traballador do cadro de persoal con dereito a tales días, a semana en que os desfrutará, de luns a venres.

En función de cambios organizativos, arrincada de vehículos, implantación ou modificación de instalacións, traballos preventivos de mantemento ou outros similares, colectivos específicos poderán ver desprazado o seu descanso cara a semanas concretas. Cada sector determinarao e anunciarao oportunamente a cada traballador. Tódolos casos deberán estar obxectivamente xustificados.

3.2. Persoal horario non directamente relacionado coa producción e persoal ETAM.

Dentro de cada taller ou servicio realizarase un sorteo para a designación da correspondente semana de descanso, coas mesmas excepcións previstas no número 3.1. pero adaptadas a estes colectivos. Caso de que por necesidades de servicio se modifique o resultado do referido sorteo, a semana de descanso non se poderá adicionar ós períodos vacacionais.

4. Dentro dos 5 días laborables posteriores á comunicación do sorteo, a data do cal se sinalará oportunamente, os traballadores poderán proceder á permuta da semana que lle correspondese pola doutro traballador do seu mesmo módulo ou equipo, se media a conformidade dos seus responsables.

5. Como compensación á menor duración do período vacacional continuado de verán, establécese a cantidade de 5.000 ptas./día que se devengarán na semana de descanso correspondente.

Nota: os días das semanas 30 e 34 non terán compensación económica.

6. En caso de imposibilidade xustificada do desfrute dos días, en todo ou en parte, na semana que correspondense, poderase levar a cabo tal desfrute noutra semana, de acordo coas necesidades do servicio ou taller.

7. O desfrute dos días caduca co ano natural.