Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996 outorgar, por resolución que pon fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 11-3-1999.

Obxecto: ampliación de instalacións náutico-deportivas e legalización de instalacións xa construídas.

Porto: Portosín.

Adxudicatario: Club Náutico de Portosín.

Prazo: ata o 31 de xaneiro do 2022.

Resolución: 13-4-1999.

Obxecto: construcción dunha nave para instalación de cámaras de conservación de peixe e marisco.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Rivas Tomé, S.L.

Prazo: 10 anos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a correspondente sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo máximo de dous meses contados desde o día da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia