De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos
da Asociación de empresarios del Polígono Industrial de Ribadumia que abranguen os seguintes ámbitos:
Territorial: local.
Profesional: empresarios do polígono industrial.
Asinan a acta de constitución: Adolfo Guillamón Melendreras e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 20 de abril de 1999.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra