De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Feirantes de Meis. que abranguen os seguintes ámbitos:
Territorial: local.
Profesional: empresarios, comerciantes e feirantes.
Asinan a acta de constitución: Fernando Reboredo Vázquez e outro.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 19 de abril de 1999.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra