Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Mestres de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no corres

pondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Mestres de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que realizen a súa actividade de mestres de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Ana María Novelle Pereira e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais