En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Arquitectos de Interior de Galicia (Adiga) que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os titulados universitarios en arquitectura de interiores, titulados universitarios de posgrao en arquitectura de interiores, a primeira promoción de título universitario de especialización en deseño de interiores pola Universidade da Coruña, que exerzan ou exercesen a actividade de arquitecto de interior.
Asinan a acta de constitución: José Antonio Díaz Alonso e oito persoas máis.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais