Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1999 pola que se modifica o prego de cláusulas administrativas particulares do concurso público para a contratación do servicio de mudanza do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), anunciado no Diario Oficial de Galicia do 23 de abril de 1999.

Detectado erro material na transcrición do punto 4.2.A) 5.I. do prego de cláusulas administrativas particulares do concurso público de referencia, anunciado no DOG do 23 de abril de 1999,

1.) Modifícase o punto 4.2.A) 5.I. do devandito prego, que queda redactado como segue:

«I. Alta e último recibo do imposto de actividades económicas no epígrafe 7.22- Transportes por estrada-, ou no epígrafe 7.57- Servicios de mudanzas.-»

2.) Ábrese novo prazo de presentación de ofertas, que rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica