Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto constructivo de alargamento e acondicionamento do acceso leste ó Grove. (Clave N/PO/95.3).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Direción Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 16 de abril de 1999, o proxecto constructivo de alargamento e acondicionamento do acceso leste ó Grove. Clave: N/PO/95.3, sométese ó tramite de información pública o estudio de impacto ambiental contido nel, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para o fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; sinálase que o citado estudio de impacto ambiental se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, no Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra e na Dirección Xeral de Obras Públicas.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1999.

Gerardo Pallarés Sánchez

Subdirector xeral de Estradas