Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave PO/99/21.1 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada PO-261 Mondariz C-531 Maceira. Treito: Covelo C-531-Maceira.

Clave: PO/99/21.1.

Orzamento: seis millóns setenta e seis mil cincocentas vinteúnha pesetas (6.076.521).

Prazo de execución: 9 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia contrastada na realización de proxectos de estradas.

Dispoñer de persoal técnico con experiencia contrastada na realización de proxectos de estradas.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Dispoñer da estructura informática suficiente para a realización do traballo.

3) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada PO-234 PonteCaldelas-Carballedo. Treito: Aguasantas-Carballedo.

Clave: PO/99/22.1.

Orzamento: nove millóns setecentas sesenta e catro mil novecentas cincuenta pesetas (9.764.950).

Prazo de execución: 10 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia contrastada na realización de proxectos de estradas.

Dispoñer de persoal técnico con experiencia contrastada na realización de proxectos de estradas.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Dispoñer da estructura informática suficiente para a realización do traballo.

3) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada LU-760, 1ª fase. Treito: N-640 Ludrio-Mosteiro.

Clave: LU/99/20.1.

Orzamento: oito millóns oitocentas oitenta e catro mil duascentas cincuenta e catro pesetas (8.884.254).

Prazo de execución: 9 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia constrastada na realización de proxectos de estradas.

Dispoñer de persoal técnico con experiencia contrastada na realización de proxectos de estradas.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Dispoñer da estructura informática suficiente para a realización do traballo.

3) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda