Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.346

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1999 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de dereito financeiro e tributario, do departamento de Dereito Público, a Ana María Pita Grandal (praza 13/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 2 de abril de 1998 (BOE do 29), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito financeiro e tributario, do departamento de Dereito Público, a favor de Ana María Pita Grandal, con documento nacional de identidade número 33.250.995, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Pita Grandal catedrática de universidade da área de coñecemento de dereito financeiro e tributario, do departamento de Dereito Público.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación,

de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 16 de abril de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo