Publicadas por Resolución do 3 de marzo de 1999 (DOG do 22 de marzo) as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión de prazas de programadores de informática, convocadas por Resolución do 10 de decembro de 1998 (DOG do 27 de xaneiro de 1999) e rematado o prazo de corrección de defectos, este
rectorado, en aplicación do establecido na base 4.1 da convocatoria, resolve declarar aprobada a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura na relación provisional.
Así mesmo, de acordo co disposto na base 7.1 da convocatoria, convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio das probas, que dará comezo ás 10 horas do día 13 de maio de 1999, na ETS de Arquitectura (Campus da Zapateira). Para a súa identificación, os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 20 de abril de 1999.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña