Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.345

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito procesual, do departamento de Dereito Público Especial, a Juan Cámara Ruiz.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de marzo de 1998 (BOE do 25 de marzo), para a provisión da praza número 98/021 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito procesual, do departamento de Dereito Público Especial desta universidade, a favor de Juan Cámara Ruiz, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Cámara Ruiz profesor titular de universidade da área de coñe

cemento de dereito procesual, do departamento de Dereito Público Especial, desta universidade.

A Coruña, 15 de abril de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña