Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.343

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación, convocado pola Orde do 23 de decembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 1999).

En aplicación do disposto na base décimo quinta da Orde do 23 de decembro de 1998 (DOG do 8 de xaneiro de 1999), esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo á presente resolución, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de traslado específico, convocado pola Orde do 23 de decembro de 1998 (DOG do 8 de xaneiro de 1999).

Segundo.-A toma de posesión dos destinos acadados no presente concurso terá efectos do 1 de setembro de 1999.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal