Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o apercibimento previo á execución subsidiaria no expediente sancionador M-14/95 por infracción da normativa en materia de montes.

Por resolución firme do 4 de agosto de 1995 do delegado provincial da anteriormente competente Consellería de Agricultura en Pontevedra, sanciónase a Manuel Prado Costas cunha multa de 7.500 pesetas por infracción do artigo 410 do Regulamento de montes, e unha indemnización, de igual contía, a favor da Comunidade de San Miguel de Oia do concello de Vigo, quedando obrigado á demolición do construído no terreo do monte ocupado, e a repoñelo ó seu estado orixinario.

A dita resolución notificóuselle ó expedientado con data do 9 de agosto de 1995.

Incumprida a obriga de demoler por parte do sancionado, acórdase apercibi-lo infractor outorgándolle un prazo de tres meses para levar a efecto a sanción imposta con carácter previo á execución subsidiaria pola Administración , notificación que non puido ser practicada ó ser devolta polo servicio de correos coa indicación de «faltan datos».

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo da delegación da consellería en Pontevedra polo que se apercibe a Manuel Prado Costas de que dispón dun prazo de tres meses, contados a partir da publicación desta notificación, para realiza-la demolición do construído repoñendo o terreo ó seu estado orixinario.

De non facelo, procederase á execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 98 da citada Lei 30/1992.

Pontevedra, 5 de abril de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: M-14/95.

Denunciado: Manuel Prado Costas.

DNI: 18.850.990.

Último enderezo coñecido: San Miguel de Oia-Vigo.

Feito denunciado: ocupación de 300 m de monte veciñal en man común de San Grande, pertencente á Comunidade de San Miguel de Oia do concello de Vigo, con construcción dunha chabola.

Precepto infrinxido: artigo 410 do Regulamento de montes.

Sanción: multa de 7.500 pesetas e indemnización de igual contía con obriga de demolición do construído e reposición do monte ó seu estado orixinario.