A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.
c) Número de expediente: 13/99.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: restauración e limpeza dos campamentos xuvenís Espiñeira-Boiro e Furelos-Melide (A Coruña), lote único.
b) Lugar de execución: Espiñeira-Boiro e Furelos-Melide (A Coruña).
c) Prazo de execución: Espiñeira-Boiro desde o 4 de xullo ata o 31 de agosto, e Furelos-Melide desde o 26 de xuño ata o 31 de agosto de 1999, ámbolos dous incluídos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 1.300 ptas./praza/día co IVE incluído, cun máximo de 8.340 prazas para as quendas de «Cabalgando na natureza», «Oferta concertada» e os de Espiñeira-Boiro. 1.800 ptas./praza/día co IVE incluído, cun máximo de 2.000 prazas para quendas de «Bicicleta e cabalo polo camiño francés».
5. Garantías:
a) Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.
b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.
c) Localidade: A Coruña, 15006.
d) Teléfono: 981 18 57 00.
e) Telefax: 981 18 57 02.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9 ás 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación:
1º Entidade: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
2º Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.
3º Localidade e código postal: A Coruña, 15006.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.
c) Localidade: A Coruña.
d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presen
tación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 14 de abril de 1999.
Mª Rosa Gómez Díaz
Delegada provincial da Coruña