Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 12 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-1096/98, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente 15-1096/98, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego do Consumo (Praza de Europa nº 10-A-2º, edificio Área Central, As Fontiñas, 15703. Santiago de Compostela) no prazo dun mes. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388). Santiago de Compostela.

Expediente: 15-1096/98.

Inculpada: Teresa Seoane Boullón. Cromason.

Enderezo: ruela de Brión, 7 baixo. Santiago de Compostela.

Sanción e motivos: (50.000 ptas.). Non entregar orzamento previo.

Data da resolución: 15-3-1999.

A Coruña, 12 de abril 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo