Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para as instalacións dos equipos electrotérmicos do parque eólico Corme G-3. (Expediente 1/1997).

Vista a solicitude do 20 de abril de 1999 (Rex. de entrada nº 16865 do 22-4-1999), formulada pola entidade Desarrollos Eólicos, S.A., con enderezo social na Avda. de la Buhaira, nº 2, 41018 Sevilla.

Vista a resolución da Dirección Xeral de Industria, do 15 de abril de 1998 (DOG do 7 de maio de 1998) pola que se autorizou, se declarou de utilidade pública e se aprobou o proxecto de execución do denominado parque eólico en Corme, no termo municipal de Ponteceso, co instalación de setenta aeroxeradores de 300 kW sobre torres de 30 m de altura e pas de 14,490 m de lonxitude.

A referida declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e a adquisición dos dereitos afectados pola execución

do proxecto aprobado, e a declaración de urxente ocupación, de conformidade co Decreto 205/1995, do 6 de xullo, (DOG do 17 de xullo), da Consellería de Industria e Comercio, que regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, fáiselles saber ós titulares propostos dos predios que se conteñen na relación anexa, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o día 28 de maio de 1999, a partir das 11 horas, o representante da Administración acompañado dun perito se constituirán nos predios para a toma de datos e levantar a continuación na Casa do Concello de Ponteceso, das 13 ás 13.30 horas, as actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens expropiables, e se farán consta-las manifestacións e os datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Advírteselles ós titulares, que no día e hora sinalados poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito perante esta delegación ata aquel momento as alegacións, ós únicos efectos de emendar posibles erros dos bens e dereitos obxecto de expropiación de superficies en solo ou de imposición de servidumes en superficies de voo; siginifícaselles que para toda información ós afectados e identificación dos bens e xestións para posibles mutuos acordos Desarrollos Eólicos, S.A., como entidade beneficiaria da expropiación, dispón de oficina no polígono Pocomaco, sectro A-2, nave-6, 15190 Mesoiro (A Coruña), onde atenderá Santiago Marcos Hidalgo (teléfonos 981 13 36 66 e 954 937 111).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 27 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Torre

meteorolox

AeroxeradorCamiñoSist.

colector

Predio

catastral

PoiPropietario

catastral

DomicilioPropietario

aparente

DomicilioCultivoLugarConcelloSuperf.

apoio m

Superf.

apoio

VooSuperf.

ocupado

m

Superf.

ocupada

m

40.a71697Ramón Rodríguez BañaDescoñecidoEduarda Nuñel Pérez

Manuel Varela Caniza

Eduardo Varela Varela

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Descoñecido

Piñeiral

madeirable

PampiñaPonteceso900500

40.b71797José Núñez MartínezDescoñecidoEduarda Nuñel Pérez

Manuel Varela Caniza

Eduardo Varela Varela

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Descoñecido

MatoPampiñaPonteceso1.300800

6635497José Núñez MartínezDescoñecidoEduarda Nuñel Pérez

Manuel Varela Caniza

Eduardo Varela Varela

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Descoñecido

MatoCh. NovasPonteceso600200

8i14697Francisca Rey TorradoDescoñecidoEduarda Nuñel Pérez

Manuel Varela Caniza

Eduardo Varela Varela

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Descoñecido

MatoMato RedondoPonteceso13530

10830898Gabriela Nú-

ñez Martínez

DescoñecidoJosé Doldán Varela y Dolores Martínez Álvarez

Manuel Varela Caniza

Eduardo Varela Varela

Descoñecido

Descoñecido

Arnela 12, Corme. Porto. Ponteceso

Descoñecido

MatoArboledoPonteceso8170779600450