Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Caraño (Pol-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Caraño (Pol-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 64/1985, do 7 de marzo, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 25-3-1999, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Caraño (Pol-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Pol e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agrolimentaria, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (Ronda Muralla, 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mes

mo ou por representación, facendo constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985.).

Lugo, 8 de abril de 1999.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais

Vº e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo