Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-298).

Por resolución desta alcaldía nº 1225/1999, do 19 de febreiro de 1999, tomouse o seguinte acordo:

1. Resolve-las alegacións presentadas durante a exposición ó público, de acordo co informe técnico existente no expediente.

2. Aprobar definitivamente a delimitación do polígono sobre o ámbito do SUP PP- 4R e os terreos adscritos a este, denominados D-15 no PXMO de Oleiros, contida no texto refundido de xaneiro 99, que inclúe as correcións derivadas da resolución de alegacións, así como a división da parcela nº 44 en 44-A e 44-B.

3. Dilixencia-los planos e documentos que conforman a delimitación (texto refundido, data xaneiro 99).

4. Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP.

5. Notificarlles a tódolos afectados o presente acordo.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó que reciba a notificación do presente acordo.

Nembargantes, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderá interpoñe-lo recurso de reposición previsto na Lei reguladora das facendas locais, segundo a redacción dada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos prazos establecidos no seu punto 2. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 11 de marzo do 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta