Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente por Decreto da alcaldía con data do 12-3-1999, a delimitación do polígono número 2 do sector Sur-B (Louzaneta-Areeiras), do PXOU vixente, solicitada por Jesús Vence Rigueira e outros.

Conforme o previsto no artigo 121.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Lugo, 12 de marzo de 1999.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Teniente alcalde de Área