Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a concesión da planta alta do mercado municipal.

Aprobado polo Pleno da Corporación o prego de cláusulas administrativas que rexerá para a concesión, mediante concurso con procedemento aberto, da planta do mercado municipal, exponse ó público por espacio de oito días soltos, de acordo coa lexis

lación vixente, asemade, anúnciase concurso público para a concesión da planta alta do mercado municipal.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 14/99.

2. Obxecto do contrato.

Concesión da planta alta do mercado municipal por un período de 30 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Tipo mínimo 15.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se considera conveniente.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: Pza. Constitución 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 13 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 45 días soltos contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas.

8. Documentación que hai que presentar.

A que consta no prego de cláusulas administrativas xerais.

a) Lugar de presentación: Secretaría Xeral.

b) Admisión de variantes: non.

9. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 16 de marzo de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente