Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (13/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 15 de abril deste ano, resolveu:

1. Aprobar inicialmente o Plan especial de selado, peche e rexeneración do actual vertedoiro de Bens e mellora do medio rural no Monte das Pallas, redactado de oficio polo arquitecto municipal.

2. Fixar como sistema de actuación o de expropiación.

3. Ordena-la publicación do plan especial na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de abril de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda