Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a adquisición de aparellos con destino ó Hospital Comarcal Costa de Burela (Lugo). (SCS.-22/1999). (11 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de aparellos con destino ó Hospital Comarcal Costa de Burela (Lugo). (SCS.-22/99). (11 lotes).

Orzamento: trinta millóns duascentas cincuenta e cinco mil pesetas (30.255.000 ptas., IVE incluído).

-(181.836,21 euros).

-Lote nº 1: sala convencional de teito. 10.500.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 2: reveladora luz-día. 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

-Lote nº 3: lámpadas de teito. 1.050.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 4: aspirador eléctrico. 200.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 5: equipamento oftalmoloxía-ORL. 405.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 6: bisturí eléctrico. 300.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 7: equipos laboratorio. 1.300.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 8: electrocardiógrafos. 1.400.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 9: desfibriladores. 2.200.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 10: marcapasos. 1.000.000 de ptas., IVE incluído.

-Lote nº 11: equipamento neonatolóxico. 6.900.000 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional:

-Lote nº 1: 210.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 2: 100.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 3: 21.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 4: 4.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 5: 8.100 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 6: 6.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 7: 26.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 8: 28.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 9: 44.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 10: 20.000 ptas., IVE incluído.

-Lote nº 11: 138.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional dos 11 lotes: 605.100 pesetas (3.636,72 euros).

Ver resumo de prescricións técnicas para garantía provisional de cada lote (anexo III).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.

Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante

declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, con base na directiva 89/336CE ou 93/42CE e xunto co número de identificación do organismo notificado, coa excepción dos productos da clase I.).

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación das características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc: ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo etc: ata 25 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, cumprimento ISO 9000, etc: ata 10 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División Recursos Económicos