Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do estudio de detalle promovido pola entidade Promociones Sanxenxo, S.L., para reordenación de volumes nas rúas Vigo e número 13 da vila de Sanxenxo.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 26 de marzo de 1999, acordou prestar aprobación definitiva ó estudio de detalle promovido por la entiudade Promociones Sanxenxo, S.L., que ten por obxecto a ordenación de volumes nun soar situado nas rúas de Vigo e número 13 da vila de Sanxenxo, no ámbito de aplicación das ordenanzas números 2 e 3, segundo documentación redactada pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o órgano correspondente da xurisdicción

contencioso-administrativa, de acordo co disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Sanxenxo, 6 de abril de 1999.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde