Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Diz II.
Situación: Dozón.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 68 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 18 da L.M.T. ó C.T. Castro-Dozón ata o C.T. que se proxecta en Diz II, concello de Dozón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 12 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra